Datos básicos sobre traspasos VIII Lexislatura estatal (desde 02-04-2004)

Nos datos globais e xerais e detállanse as reunións das comisións mixtas de transferencias que se fixeron durante a VIII Lexislatura estatal analizadas por anos, e co detalle do persoal e do financiamento que foi obxecto de traspaso, así como unha estatística dos acordos aprobados polas respectivas comisións mixtas.

Nos traspasos pendentes relativos a materias xerais ou comúns, preséntase o estado comparativo por comunidades autónomas dos trapasos aprobados e pendentes de aprobación en materias xerais ou comúns a todas ou a algunhas delas.

Nos traspasos en materias específicas e ampliacións de traspasos a comunidades autónomas enuméranse os traspasos máis relevantes aprobados durante a VIII Lexislatura estatal relativos a materias que afectan individualizadamente a unha comunidade autónoma, así como as ampliacións de acordos de traspasos de funcións e servizos aprobados anteriormente.

Por último, ofrécese un resumo individualizado dos traspasos de funcións e servizos ás cidades de Ceuta e Melilla aprobados durante a VIII Lexislatura.